Descripción
O infinito no pe. Ribeirana
Eva Moreda, Serxio Cobos
Unha obra a medio camiño entre a narración e o ensaio.Eva Moreda interrogase neste “escrito sobre o pasado” sobre as dificuldades que se nos ofrece para capturar o sentido e sensibilidades das artes transmitidas de forma oral, como neste caso o baile da ribeirana. Non se trata só de describir ou documentar o coñecemento que se ten sobre este baile en particular, tamén indagar na memoria simbólica do movemento e do xestual, dos seus usos rituais, sociais e lúdicos, a súa transmisión no ámbito doméstico e feminino na sociedade tradicional.
O libro recolle as transcricións do baile enbailegramas con deseños orixinais e inéditos do bailador e artista plástico Serxio Cobos