Descripción
Velaquí están musicados os versos do mestre e poeta Bernardino Graña, una das figuras mais importantes da literatura galega
Sempre nos quedarán na memoria os seus libros e este traballo discográfico que presenta o grupo Varalonga.Versos dos mariñeiros de Tirán, de cangas e das terras do Morrazo
E “ quero beber agora nas tabernas con vós o caldo en cunca da mestura a aperta de mar e terra con amor de amigo “ Sempre Mar
Nos ano 70 xuntábanse catro rapaces e dúas rapazas case adolescentes para formar un grupo chamado ‘Nuevas Amistades’, participan no ‘Festival del Miño’ co primeiro tema que se presentaba en Galego ao devandito Festival, “CANTIGA DAS FONTES” Esta cantiga foi grabada nos estudos da discografica xa Desaparecida MARFER de arranxos do mestre Rafael Ibarbia.
A partir de alí comeza unha carreira discográfica con varias participacións en festivais e diversas xiras.
En 1975 desfaise o grupo e quedan 40 anos de ausencia dos escenarios; ata que no 2015 xuntanse para cantar unha panxoliña no ‘Luar’ da TVG. É a partir de este encontro cando varios dos seus membros deciden volver a cantar co nome de ‘Varalonga’.
TEMAS
01 – En copa de vidro fino
02 – Oda os mariñeiros de Cangas
03 – Canción para ir o mar de pesca
04 – Pregunto aos homes e as mulleres do noso mar
05 – Irei a Darbo
06 – O gato da tasca mariñeira
07 – Carta a tio Emilio e aos seus compañeiros
08 – O vento díxome cousas
09 – Para beber auga e viño e estamos xuntos
10 – Apocalipsis
11 – Sempre mar