Descripción
Desta volta os MAMà CABRA ofrécennos ademais do CD cos dez temas novos, un DVD, que vén sendo unha pelÃcula completa que segue ao grupo dende primeiras horas da mañá, cando se xuntan para ensaiar, ata o final do dÃa, cando chega o intre de durmir.
Bicos de música para bailar, para choutar, para cantar para viaxar con simbad, para chuchar mel… Bicos de música con CD e DVD para rir e gozar moitas horas!!!
Dez cancións, dez historias, un audiovisual e, coma sempre, os mellores ritmos (ilustrados, maxistralmente por Kristina Sabaite) e que van poñernos a bailar e cantar sen pausa.